Petróglifos de Borna

Os petróglifos de Borna están localizados nunha rocha plana na ladeira do Monte Faro en Borna, na parroquia de San Pedro de Domaio. Tamén coñecido co nome de petróglifo dos barcos porque os seus motivos lembran a embarcacións, aparecen representadas gran número de cruces identificadas con esquemáticas figuras de seres humanos, combinadas con motivos circulares.

Martín Almagro Gorbea, prestixioso arqueólogo catalán, analizou este petróglifo no seu estudo sobre as representacións de barcos na arte rupestre da Península Ibérica, describíndoo como un “conjunto formado por una dársena en forma de U. […] En sus extremos, aparecen representadas dos señales diferentes; a la derecha está dibujado un espolón y un segmento perpendicular al dique, mientras que en el dique izquierdo finaliza con un solo espolón. Dentro de la dársena se aprecia la representación de tres pantalanes y de dos embarcaciones. A la derecha del puerto representaron tres embarcaciones, las dos primeras parecen del mismo tipo y la tercera tendría mástil”.

A súa cronoloxía é problemática xa que hai gravados que poderían ser adscritos á Idade do Bronce, Idade Media, Idade Moderna e Contemporánea.

Galería de imaxes

Documentación

Arquivos

Audios

Vídeos

Ubicación