A Rega Pequena

Os petróglifos da Rega Pequena están situados nos montes, da parroquia de Santa Eulalia de Meira, nun lugar onde a orografía destaca por ser escarpada e con grandes desniveis. Realizados durante a Idade de Bronce, hai 4.000 anos, están localizados nunha rocha chá a media altura afectada por labores de cantería, como se pode ver coas pegadas das cuñas nun dos seus laterais.

Os motivos gravados son aparentemente simples, unha combinación de círculos concéntricos de tipoloxía diversa con coviñas centrais unidos por longos trazos lineais. Estes motivos xeométrico-abstractos son os máis habituais dentro da arte rupestre galega e están documentados ao longo de toda a costa atlántica e parte de Europa central.

Galería de imaxes

Documentación

Arquivos

Audios

Vídeos

Ubicación