A hipotética división interior da Torre de Meira.

Cando pensamos nunha torre como a de Meira, é común intentar imaxinarnos como era a vida daqueles que vivían nela. Grazas a diferentes estudos e hipóteses, podemos intentar comprender as diferentes estancias da construcción. 

A través das hipóteses expostas polo Doutor en Historia, Juan Miguel González Fernández, do Instituto de Estudios Vigueses, podemos distinguir distintas estancias na torre. O acceso dende o exterior faríase mediante unha escaleira de madeira e, posteriormente, de pedra.

As estancias diferenciábanse con chans de madeira. A máis baixa serviría de entrada para controlar o acceso. No primeiro piso habería unha estancia a modo de salón, cunha cheminea para quentarse e cociñar. Sería o lugar de reunión dos guerreiros que habitaban a fortaleza. Outra das habitacións estaba destinada ao “merino” ou “castellano” e quizais á súa familia, onde atoparíamos unha cama, cortinas e un baúl para gardar os obxectos de valor. Por último, a parte superior albergaba a capela ao ser o lugar máis alto e próximo ao ceo. 

Bibliografía
  • Acuña Fernández, P., Costa Iglesias, A., De la Peña Santos, A. & Rodríguez Casal, A.A. (1976). Prospecciones Arqueológicas en la ‘Torre de Meira. (Moaña, Pontevedra). Boletín Auriense, vol. 6., pp. 183-205. 
  • Albertos Figueroa, B. & Peña Pascual, D. (2020). Restauración, consolidación e rexistro arqueolóxico da Torre de Meira GA36029029. Árbore Arqueoloxía. 
  • González Fernández J. M. (2022). Cómo podría haber sido la histórica torre medieval de Meira?. Centro de Documentación Local. Biblioteca Pública de Moaña.
  • González Fernández J.M. (2020). Durante nueve siglos el coto de Meira tuvo Ayuntamiento propio. Centro de Documentación Local. Biblioteca Pública de Moaña.
  • García Barreiro, M. U. (2015). Santa Baia de Meira na historia. Centro de Documentación Local. Biblioteca Pública de Moaña.Villaverde Román X. C. (2021). A Torre de Meira segundo o preito Tabera-Fonseca. Centro de Documentación Local. Biblioteca Pública de Moaña.

Galería de imaxes

Documentación

Arquivos

Audios

Vídeos

Ubicación