A orixe do topónimo “Moaña”  

Se queremos coñecer ben a historia do noso concello, debemos comezar polo principio. Debemos coñecer de como naceu o nome da nosa vila, Moaña. 

O topónimo “Moaña” foi estudado por Iván Sestay, técnico de campo no Proxecto Toponimia de Galicia da Xunta de Galicia de 2007. Acudiuse á primeira escritura sobre Moaña, que podemos atopar no “Archivo Histórico Nacional de Madrid” (clero, carpeta 1750, n. 14). Aquí podemos atopar unha mención a Moaña en latín orixinario:

.../ in parrochia Sancti Martini de Moania ad <Morracium>...

Iván Sestay a traduce ao galego do seguinte xeito:

...na parroquia de San Martiño de Moaña no Morrazo...

A través do traballo realizado, púidose concluír que Moaña significa “o charco”/”o lameiro”/”o lamazal”. O topónimo consta dunha raíz indoeuropea: “MOI-“, que significa “mancha, sucio”. Así, de “MOI-“ temos “MOYANIA” que derivaría en Moaña. 

O 16 de novembro de 2018, o filólogo Vicente Feijoo impartiu unha conferencia no concello en nome da Comisión Onomástica e Toponimia da Real Academia Galega. Nesta reunión, afirmouse que “Moaña” era un topónimo de orixe prerromano, único e pouco frecuente. Ademais, a diferenza de Iván Sestay, Feijoo relaciona o significado con “terreo pedregoso”. 

Aínda a día de hoxe, os especialistas achegan distintas versións sobre a orixe concreta do topónimo. De todos modos e concluíndo, poderíamos dicir que o topónimo Moaña fai referencia a unha zona de charcos, de lameira, de lama ou algo semellante.


Bibliografía
  • García Barreiro, M. U. & Rodríguez Parada, J.B. (2022). As orixes da parroquia milenaria de Moaña. M Servizos Gáficos, Moaña.

Galería de imaxes

Documentación

Arquivos

Audios

Vídeos

Ubicación